About The Book

Primeiro grande acerto poético de Celso Emilio Ferreiro. Xa aparece unha voz persoal, inscrita na chamada Escola de Tebra, que ten en común certos aspectos temáticos: intimismo, desacougo, extravío existencial... Celso Emilio, ademais, introduce elementos que xa configuran a súa posterior produción poética: a atinada mestura de lirismo e ironía e a temática social.