¿Ti non sabes que eu teño outras preguntas
-poutas sanguentas sobre a miña gorxa-
e ninguén me contesta?
Que inda non sei por qué dioses iñotos
morreron tantos mozos que pasaban
cantando ledamente
cando o solpor durmía sobre os pinos.
Nin sei por qué non cantan ises nenos
que xogan a ser homes polas rúas
con tristura de páxaros mollados.
I esas doridas nais de doces ollos
coutados de violedas,
inda non sei por qué choran magoadas
baixo un ceo impasíbel
cheos de cinza os colos.
Non me preguntes nada.
Feedback/Errata