Frol de outono

Eu daréiche delor, co tempo, vida,

porque me agardan lonxe, xa me espera

un camiño sin luz, unha tristura

que xa me está medrando, xa me medra

coma unha frol de outono nun carreiro.

 

Eu daréiche delor, daréiche acedas

bágoas no albor de noites fuxidías,

pois sinto no meu dentro a dura pedra

que pra durmir pon Dios alá no fondo

de tódalas segredas

ondas do mar, que non serán palabras,

nin xiquera son ár, nin voz xiquera.

 

Eu daréiche delor, co tempo a tempo,

delor sin ti, sin min, sin a sinxela

cantiga de esta vida que me morre,

que me moe, moendo a miña veira;

moéndome amodiño vou morrendo,

coma a mar moe ó mar, unha mar chea,

que morre cada día dende sempre

(eu daréiche delor) a mar inmensa.

License

O soño sulagado Copyright © 1955 by Celso Emilio Ferreiro and Ferreiro, Celso Emilio. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *