Os fuxidivos

Ás veces, unhos homes

que non saben surrir, pasan de longo

levando tras de sí os cás da noite.

 

Van calados e vougos, de pasada

polo meio da xente, ouvindo voces

que baixan das estrelas entre sombras.

 

Un medo antigo dorme

sobre as escuras fiestras da paisaxe

e coma espadas núas alá lonxe

outros homes camiñan silandeiros,

sin acougo, esculcando o ár inmobre,

furando con furor as fuxidivas

pisadas temerosas dos que foxen.

 

Chegan, pasan e pérdense

ao longo da serán, mais ninguén volve

velos pasar xa máis polos camiños

feridos de silencio baixo a noite.

License

O soño sulagado Copyright © 1955 by Celso Emilio Ferreiro and Ferreiro, Celso Emilio. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *