Sol, niste pozo escuro tan profundo
que eu son, terra amasada en sangue;
ollos meus, que sin vós non sabería
do vento azur que canta nos solpores
axóuxeres de luz e volvoretas.
Ollos meus, craras fiestras na cárcere
dun sono sin final.
A vida non é nada.
O mundo, o mar, o amor, tristes bruidos
sin vós, taito sotil para apalpar as formas,
para medir o tempo,
para saber de Dios,
para pousarme amante sobre as nubes
ou sobre o leito verde da paisaxe
dende iste barco mouro que me leva,
ollos meus, terra amasada en sangue.
Feedback/Errata