Palabras

Na miña gorxa agruman as palabras

que de fontes moi fondas vanme vindo

e fanse ríos longos polas veas,

rosas de luz nos ollos ou escumas.

Pero as miñas razóns non son palabras

sinon cousas que eisisten elas soias,

que coma Dios eisisten arredadas

nun silenzo de estrelas fuxidivas.

 

Pequenas cousas, grandes coma vermes,

pechadas no silenzo, sin palabras,

pousadas sobre sí dende o principio,

indo e vindo no tempo coma peixes,

coma peixes do vento, sin palabras.

 

Vós nunca entenderedes estas cousas,

estas fontes tan fondas, sin palabras,

que nas palabras xurden tatexando

coma meniños nados nun hospicio.

 

Oramá non sepades o segredo

destas fontes tan fondas, sin palabras,

xa que sodes somente unhas palabras

indo e vindo no tempo, unhas palabras,

palabras e palabras e palabras.

License

O soño sulagado Copyright © 1955 by Celso Emilio Ferreiro and Ferreiro, Celso Emilio. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *