Postal a Carmen Conde dende Ourense

Un teu abó foi nado nesta terra

dos pinos reiseñores.

Ises solpores tristes coma mágoas,

ises fumes durmindo

coma espellos lonxanos,

esa chuvia que canta

sons de axouxeres,

son un anxo galego, sangue antigo,

insone e atuado nos teus versos.

 

Faláime por favor, faláime axiña,

¿non sintes a saudade que che rube

coma formigas mouras polas veas?

 

¿Non che ensombriza os ollos unha patria,

unha illa no mar dende unha fiestra

cun longo río de estrelas navigando?

 

Faláime Carmen Conde miña dona.

License

O soño sulagado Copyright © 1955 by Celso Emilio Ferreiro and Ferreiro, Celso Emilio. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *