Saudade

A silandeira sombra sin consolo

de aquil que fun, decote vai conmigo.

Lexano amor, hedra que medra e medra

dentro de min rubíndome amodiño.

 

Aquil que fun non son, por iso estamos

xuntos os dous. Aquil que entonces era

coma un río fuxíu, pero quedóuse

coma o río que pasa e sempre queda.

 

Fecunda sementeira do pasado,

espello meu, única vida viva,

tódalas cousas morren i esmorecen,

somente ti, lembranza, te eternizas.

 

Espello meu, no que me estóu ollando

iste que agora son xa non esiste.

O tempo faise estatua na saudade

i eu morro de saudades cada intre.

License

O soño sulagado Copyright © 1955 by Celso Emilio Ferreiro and Ferreiro, Celso Emilio. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *